PEPE VIEIRA
A cociña de Pepe Vieira é auténtica, racial e chea de significado. Vai máis alá do culinario e conta unha historia con cada prato. Unha experiencia única que che permitirá descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa.
A nosa cociña está recoñecida con 2 estrelas Michelin e a estrela verde Michelin.
Os nosos menús permiten aos comensais descubrir Galicia e os seus sabores a través dunha cociña de altísimo nivel, que vai máis aló do puramente culinario, creando unha experiencia única e irrepetible a través dos nosos pratos.
PAZO DA BUZACA
Unha viaxe no tempo en pleno corazón de Galicia. Unha casa solariega contruída para a familia Varela no século XVI que respecta totalmente a súa estrutura orixinal. Rodeada de 40.000 impresionantes metros cadrados con xardíns, horta, pombal, torre, capela, dous hórreos e maxestuosas árbores centenarias. Situado en Moraña (Pontevedra) nun lugar estratéxico, a tan só 25 Km de Santiago de Compostela.
Un lugar máxico, auténtico e con personalidade de seu que converterá o teu evento nun recordo inolvidable.
Os nosos eventos caracterízanse pola súa orixinalidade, o coidado nos detalles e a excelencia no servizo. Queremos que gocedes do voso día e deixédelo todo nas nosas mans.
Cal é o evento que necesitas?
Sabemos que preparar unha voda é organizar o que será, posiblemente, o día máis especial das vosas vidas. Por iso, estamos preparados e dispostos a axudar para que todo sexa máis fácil. Porque o día o merece, queremos que quede constancia de que formades parte da nosa casa.
Eventos cunha dose de orixinalidade e creatividade extra.Estamos afeitos a organizar todo tipo de celebracións, tanto bautizos como comunións, aniversarios e calquera tipo de festa.
Gastronomía, arte, interiorismo, cultura, arquitectura e atención ao detalle unifícanse para conseguir como resultado unha celebración diferente.